Façamos
o ponto. Onde é que nos encontramos?

O Gótico matou o Românico, a fotografia matou os Pré-Rafaelitas, os Séculos Escuros mataram o Galaico-Português, o Fukuyama matou a História, o 11 de Setembro matou a ironia... E com quem é que se pode contar daqui para diante? Nietzsche matou Deus, o Benjamin matou-se, os russos mataram a Laika, um touro matou o Manolete, o álcool matou o Eusébio... O Foucault morreu em 84, o Lyotard morreu em 88, o Derrida morreu em 2004, o Baudrillard morreu em 2007... O Shia LaBeouf já não é famoso e para cúmulo foi violado dentro de um museu. E agora já ninguém quer ser artista e nós não sabemos se somos anti-arte ou anti-anti-arte, até porque a anti-arte já morreu e contra os mortos não há nada a fazer.
Façamos então o ponto. Afastemos o nevoeiro da ironia com ajuda do real. Onde está ele? O que sobrou depois da destruição?
Ás
veces, o motor que impulsa a achegarse ao Salón Teatro de Santiago é
a representación de obras que son froito de proxectos innovadores,
coma no caso de Bilingue. Esta é a peza inaugural do Proxecto
NÓS Territorio (Es)Cénico Portugal Galicia, que parte do texto de
José Maria Vieira Mendes e conta coa dirección de Pedro Zegre
Penim, e na que interveñen alumnos de tres escolas de teatro de
cidades lusas e galegas: Lisboa, Porto e Vigo.
Se hai
algo no que fai fincapé Bilingue
é en "fazer o ponto", en pararse a pensar e avaliar a
situación; ao mesmo tempo, créase esa distinción entre o pasado
e o
contemporáneo,
a diferenza entre o común e o transgresor. É por iso polo que os
distintos personaxes reflexionan sobre a súa identidade, debullando
os momentos pouco a pouco para acabar amosando a miúdo unha actitude
existencialista. Estas reflexións van da man dun continuo desexo por
parte dos protagonistas de contar "a súa historia", de
xeito que o escenario pasa a ser un caixón de xastre que acumula as
esfiañadas historias que se tratan de narrar; por isto, ao final
soamente nos atopamos con remendos do pasado dos personaxes,
identidades difuminadas, e preguntas reiterativas: quen son eu? Ti es
eu? Eu son ti? Cal é a resposta correcta? A maneira na que os
personaxes se miran, se escoitan e se levan a contraria, así como os
diálogos unidireccionais co público non fan máis ca acentuar e dar
máis xogo a esas dúbidas que se plantexan na procura da identidade
e a historia de cada un.

O
vestiario empregado é outro dos puntos salientables da peza;
indumentarias do máis variadas que non pasan desapercibidas. Este,
xunto coa dispar utilería, os efectos de luces e o acompañamento
musical (cabe resaltar a interpretación de Ailén e a súa obsesión
pola "música de ambiente" con diferentes instrumentos) fai
que o espectáculo se desenvolva nunha atmósfera dinámica, incluso
me atrevería a dicir circense. Pode ser que, entre tanto
efecto sonoro e visual, por veces se perda a esencia do texto, de
xeito que o público o pase por alto e se centre máis nos constantes
estímulos sobre o escenario e na saliña anexa.
Ademais,
Bilingue é sobre todo interesante como un escaparate para apreciar o talento co
que nos podemos atopar nas escolas artísticas, neste caso a ESAD
(Escola Superior de Arte Dramático) en Galicia, e a ESMAE (Escola
Superior de Música, Artes e Espetáculo) e a ESCT (Escola Superior
de Cinema e Teatro) no país veciño. Atopámonos cun elenco de
actores e actrices xoves que sen dúbida darán moito que falar nos
anos vindeiros dos dous lados da fronteira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario